Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Rairiz de Veiga
Parroquia: Santo André de Guillamil
Lugar: Guillamil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Fermoso templo que conserva unha boa morea de restos de arte románica, como os canzorros e as portas, principalmente a porta lateral, con tres arquivoltas debaixo de dúas ménsulas que servirían para un pórtico desaparecido. O presbiterio xa é máis moderno, moito máis ancho e alto que a nave e cunha sancristía adosada no seu lateral sur. A fachada tamén é moderna salvo a porta, moi modificada e arquitrabada, debaixo dunha furna para o santo e un reloxo moito máis moderno, Enriba, dous pináculos con bola e unha espadana de dous corpos rectangulares, con dous ocos o de abaixo e un o de arriba, moldurados os dous corpos e rematados nunha cruz de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.123564406201
Lonxitude: -7.834324836731
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84