
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Rairiz de Veiga
Parroquia: San Xoán de Rairiz de Veiga
Lugar: Rairiz de Veiga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Singular igrexa de tipoloxía barroca cunha soa nave longa e alta rematada nun presbiterio igual de ancho pero máis alto e cun acabado de teito moi pouco habitual, en forma de cúpula rebaixada e rematada nun cimborrio. No lateral sur ten unha capela ou sancristía enorme por longo, case a metade do templo. E a fachada é moi fermosa, e consta dun porta arquitrabada e moldurada a modo de altorrelevo con pequenas pilastras laterais que suxeiran un frontón triangular cunha furna no seu centro, todo debaixo dunha xanela rectangular vertical; o remate é espectacular, cunha torre telescópica de pura arte compostelán, asentada nun primeiro corpo, case un podio; o segundo corpo cunha balaustrada en catro ocos arquitrabados, un terceiro corpo tamén con balaustrada e outros catro ocos arcados, hoxe cun reloxo moderno; un carto corpo igualmente cadrangular e con catro ocos arcados e rematado todo nun cupulín debaixo dunha enorme cruz de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.082904058684Lonxitude: -7.8335952758789
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 17, 2025
Engado as seguintes referencias web:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/RAIRIZDEVEIGA/documents/27187ca009.pdf (ficha A_019 // páxina 9)
http://www.altalimia.org/pdf/040490.pdf
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/24914/igrexa-de-san-xoan?langId=gl_ES
e a seguinte referencia bibliográfica:
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. (2016). A actividade escultórica na Limia. Do Renacemento ao Barroco. Ed:
Grupo Marcelo Macías. (en liña: https://www.researchgate.net/publication/322500246_A_actividade_escultorica_na_Limia_Do_Renacemento_ao_Barroco)
A webgrafía consultada aporta a seguinte información:
“No seu interior pode distinguirse a obra de Francisco de Moure e do seu taller. O retablo e algunhas das imaxes como: o San Xoán Bautista do retablo maior, San Antonio de Padua, San Pedro y San Pablo, e un San Xerónimo, todas elas de gran tamaño.
Tamén poden atribuírse a Francisco de Moure, pola súa calidade artística: o San Miguel, San Roque Santa Catalina, Santiago o Maior e San Benito.
En canto aos relevos é probable que sexa autoría do seu taller”.
https://historiadexinzo.wordpress.com/2023/03/05/jose-seguin-rairiz-de-veiga-orense-s-xvii-20-x-1751-escultor/
Tanto no exterior coma no interior da igrexa podemos ver diferentes elementos destacados coma un sartego antropomorfo ou unha ara romana. As súas referencias web son:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/RAIRIZDEVEIGA/documents/27187ca028.pdf (ficha X_014 // páxina 4)
http://www.altalimia.org/pdf/04049001.pdf
http://www.altalimia.org/pdf/04049003.pdf
https://megaliticia.blogspot.com/2019/02/sarcofago-en-la-iglesia-de-san-xoan.html
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-ii.html