Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Porqueira
Parroquia: Santa María de Porqueira
Lugar: A Forxa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Impresionante templo, tanto por feituras como por medidas. É moi grande e alto e a súa estrutura é de cruz latina, na que a nave ten dous cuartos da lonxitude total e o cruceiro e presbiterio os outros dous. Ademais, tanto o cruceiro como o presbiterio son moito máis altos que a nave, dando unha impresión de monumentalidade tremenda. Tanto o cruceiro como o presbiterio están coroados por pináculos en cada esquina. Ademais no lado norte entre o cruceiro e o presbiterio está construída a sancristía. A fachada non é tan impresionante, moito máis sinxela, cunha porta alintelada e moldurada, debaixo dunha xanela rectangular e vertical case tapiada, e enmarcada nos laterais da fachada con grandes pilastras rematadas en molduras e dous grandes pináculos. Enriba, a espadana subida a un podio, cun corpo cadrado con dous grandes ocos e unha balaustrada de forxa, e xusto encima outro corpo cun só oco en forma de trapecio que suxeita unha estilizada cruz de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.016667777551
Lonxitude: -7.8469097614288
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84