
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Corme Aldea (Santo Adrán)
Lugar: Aldea, A (A Fieiteira)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Conxunto de 15 laxes horizontais situadas entre dous penedos. Unha delas destaca polo seu tamaño. Pola forma en que están gravados os deseños lembra á Arte Atlántica, pero os deseños non son os máis habituais: escaleiriformes, ferraduras, círculos simples, podomorfos, aínda que tamén hai ferraduras e outros deseños atípicos.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mañana Borrazás, P. y Santos Estévez, M.
2002 Arte Rupestre no promontorio de Corme. Gallaecia 21: 115-26. Universidade de Santiago de Compostela
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2764294166Lonxitude: -8.95398616791
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
10 comentarios
Marta says:
Xan 6, 2014
Vivo en Corme Porto dende sempre. Nos últimos 2 anos intentei chegar ata a pedra para fotografar os petróglifos e lograr vela por fin.
Non houbo maneira. Está total e absolutamente inaccesible. Primeiro, fai anos, foi danada por un tractor con cadeas
que limpaba a zona (o remedio sempre pior que a enfermidade…en fin) e agora é abandoada a súa sorte entre toxos e silvas.
Paréceme penoso, xa que si estivera noutro lugar tal vez isto non caería no anonimato. Saúdos e sorte.
Oscar Franco says:
Feb 4, 2016
Unha referencia deste e doutros petróglifos de Ponteceso
na prensa escrita do 4 de febereiro de 2016:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/ponteceso/2016/02/04/ponteceso-redescubre-petroglifos/0003_201602C4C7991.htm?piano_t=1
marta says:
Feb 7, 2016
Grazas polo enlace. Aínda non puiden subir a ver o lugar supostamente limpo para o acceso as lousas, debido o mal tempo. Moitas grazas polo enlace.
Espero que haxa algún cambio ao respecto da política levada a cabo concerniente o noso patrimonio cultural. Fai moitos meses que falei co
concello de Ponteceso poñendo de manifesto a imposibilidade de acceder os petróglifos da Fieiteira. Entón, non me deron solución algunha,
se agora o monte xa está máis accesible, entón, alégrome moito.De todos modos,irei a velo por min mesma. Saúdos dende Corme Porto.
elixiovieites says:
Feb 8, 2016
Acceso ao traballo: Arte rupestre no promontorio de Corme (Ponteceso)
Mañana Borrazás, P. y Santos Estévez, M.
http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=265497
http://digital.csic.es/bitstream/10261/54851/3/2002_GALLAECIA_Ma%C3%B1anaSantos_Arte.pdf
marta says:
Feb 8, 2016
Gracias de novo.Sí,coñecía éste traballo,xa tiña o pdf pero gracias de todos modos.Estou esperando a que mellore o tempo e poder subir,xa que vivo a uns 3km de onde se situa,un pouco máis.Gustaríame comentar nesta páxina que fun eu no verán quen comentou ca nova alcaldía si había algunha posibilidade de que limparan o monte para acceder a Fieiteira.Alégrome de que agora,despois de tantos meses,se puxera solución.Sólo espero que sigamos así,no plan de cuidar o noso patrimonio.Teño entendido que no lugar de Froxán hai,o lado dunha casa,unhas lousas cunhas figuras antropomorfas,insisto,o lado de unha casa do lugar.Dín que foron levadas alí dende unha finca cercana.Outra historia máis a ter en conta,das moitas que temos en Galicia….saudos e gracias.
elixiovieites says:
Feb 16, 2016
https://colectivoarula.wordpress.com/2016/02/16/ruta-polos-petroglifos-do-promontorio-de-corme/
marta says:
Feb 21, 2016
Ola de novo. Imposible chegar á Fieiteira sen guía. Ou iso me comentaron uns coñecidos que non atoparon o lugar. Creo que ao carecer de sinalización, a xente toma o desvío equivocado e logo é dificil dar coas laxes. Unha pena. Eu mesma o comprobei hoxe mesmo. Debería de estar sinalizada, como lle comentei este pasado verán na oficina municipal de Corme, para que de este modo, todos teñamos acceso: os foráneos, os visitantes e todos aqueles que queiran acercarse sen ter por que acudir en excursións organizadas en datas sinaladas, senón cando poidas e queiras ver o noso patrimonio, noso, de todos. Grazas. Oxalá se consiga algo máis.
Colectivo A Rula says:
Mai 27, 2016
Ola Marta, os accesos na actualidade están limpos. Se queres visitala e tes problemas podes porte en contacto con Suso Lista que con toda seguridade estará encantado en botarache unha man.
marta says:
Mai 28, 2016
Hola.Sí,xa fai un tempo que subín,xa un par de veces,por certo,dende a Aldea de Corme.Tamén se accede por detrás do polideportivo.Supoño que xa estaríades en Bostelo con Suso Lista;un amigo de Euskadi xa foi con él,según me dixo.Saludos e moitas gracias.
marta says:
Mai 28, 2016
Hola,sí.Xa estuven un par de veces.Podese ir dende a Aldea de Corme ou o polideportivo( por un camiño que hai por detrás).Espero que estivesedes en Bostelo para ver aquela laxe que vos dixen (ten fotos no instagram Suso Lista).Saludos e gracias.