
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Porqueira
Parroquia: San Martiño de Porqueira
Lugar: Telladas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Bonito templo co mellor de dúas épocas diferentes da historia da arte. Primeiro, a parte románica non moi mal conservada, cunha boa colección de canzorros debaixo dunha cornixa adornada co axedrezado jaqués nos dous laterais; tamén conserva perfectamente a estrutura de nave co presbiterio máis baixo e estreito. Xa no século XVIII unha ampliación duns cinco metro máis de templo no que se fixo unha nova portada na que a porta alintelada e moldurada debaixo dunha xanela grande mudou o seu aspecto xeral. Enriba da xanela hai hoxe, ademais un reloxo moderno. Por último a fachada remata con dúas grandes pilastras laterais que no alto se transforman en dous altos pináculos. E no centro, enriba dun grande podio surxe unha torre cadrada e telescópica ao máis puro estilo obradoiro compostelán, cun primeiro corpo cadrado con catro grandes ocos e unha balaustrada de forxa, seguido doutro corpo redondeado con outros catro ocos e rematado nun cupulín de pedra coroado por unha cruz de ferro, conseguindo unha notable altura para o templo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.017098209567Lonxitude: -7.8344106674194
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Oscar Franco says:
Mar 17, 2025
Engado as seguintes referencias web:
http://www.altalimia.org/pdf/030170.pdf
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/ourense_San_Marti%C3%B1o_de_Porqueira.pdf
Mailen Barrientos Martinez says:
Mai 5, 2025
Buenos dias, deseo solicitar una Fe de Bautismo de un Familiar Español, el nombre era Lorenzo Quinta González Natural de Puerqueira provincia de Orense, el es del año 1869 , estare muy contenta si me responde el correo gracias y bendiciones