
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Calvos de Randín
Parroquia: Santa Mariña de Rioseco
Lugar: Rioseco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Aínda que ten algunhas reformas de séculos posteriores, é claramente un templo románico. O entorno é marabilloso, cheo de bosque e lameiros, cun regueiro que acompaña co seu sonido. Está o templo illado de poboacións e rodeado dun muro perimetral alto e ben encaixado nese entorno. Está feita nunha soa nave que conserva boa parte dos canzorros orixinais, incluso as ménsulas que suxeitarían, no lateral sur, un pórtico para a entrada lateral. O presbiterio, un chisco máis ancho pero igual de alto que a nave, é o engadido moderno. A fachada é moi fermosa, conservando a porta arquitrabada orixinal, aínda que reducida hoxe a unha porta alintelada conservando as doelas apoiadas en ménsulas adornadas con cruces inscritas en círculos. Enriba está a espadana, cadrada e moi ancha, con dous ocos e moldurada , franqueada por dous pináculos pequenos. E o segundo corpo, triangular cun só oco e rematada nunha cruz de ferro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.944680927004Lonxitude: -7.8577995300293
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 18, 2025
Engado a seguinte referencia web:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CALVOSDERANDIN/documents/0425ca012.pdf (ficha nº 12 // páxina 4)