
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Calvos de Randín
Parroquia: Santiago de Rubiás
Lugar: Rubiás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Na saída da Rubiás polo Camiño Privilexiado do Couto Misto hai un peto de ánimas case macizo, rectangular, cunha pequena furna no tercio superior enriba dun repousadoiro. Remata nunha cornixa moldurada debaixo de dous pináculos cónicos e un podio onde había unha cruz.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.910372385327Lonxitude: -7.8364729881172
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 18, 2025
Engado a seguinte referencia web:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CALVOSDERANDIN/documents/0425ca015.pdf (ficha nº 49 // páxina 5)
e as seguintes referencias bibliográficas:
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed: Ir Indo.
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda (1985). Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín auriense, anexo 3. Ed: Museo arqueolóxico provincial Ourense.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html