
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Trasmiras
Parroquia: San Martiño de Abavides
Lugar: Abavides
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Bonito templo barroco que consta dunha soa nave altísima e non demasiado longa que remata nun gran presbiterio máis alto pero máis estreito que a nave (posiblemente asentada nos restos máis antigos dunha igrexa románica), o presbiterio a catro augas e rematado con catro pináculos piramidais con bola, e a dúas augas a nave. Ten no muro sur adosada a sancristía. A fachada é moi alta, cunha porta arquitrabada e moldurada, apoiadas as doelas en ménsulas, debaixo dun rosetón que representa a un tetrascele, e rematada a fachada con dous pináculos, e no centro unha grande espadana cun corpo trapezoidal con dous grandes ocos, que da paso logo dunha moldura a un corpo triangular cun só oco franqueado por dous pináculos pequenos e coroado por unha cruz de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.043986461806Lonxitude: -7.6508402824402
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 18, 2025
Engado as seguintes referencias web:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/TRASMIRAS/documents/28151ca001.pdf (ficha nº 201 // páxina 14)
http://www.altalimia.org/pdf/070001.pdf