
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Trasmiras
Parroquia: San Martiño de Abavides
Lugar: Abavides
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro a carón da igrexa parroquial que consta dunha plataforma cadrada de tres chanzos debaixo dunha peaña cúbica da que sae un fuste longo de sección redonda que se vai afusando cara arriba, onde remata nun capitel moi estreitiño onde se asenta a cruz coa figura do crucificado.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.044028856622Lonxitude: -7.6504856913028
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 18, 2025
Engado as seguintes referencias bibliográficas:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/TRASMIRAS/documents/28151ca001.pdf (ficha 400 // páxina 15)
http://www.altalimia.org/pdf/070006.pdf
https://cruceirosdegalicia.xyz/320820102.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2010). Cruces, cruceiros e petos do concello de Trasmiras. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, José Ramón. (2006). As parroquias do Concello de Trasmiras (un achegamento ao mundo rural da Alta Limia). Ed: Auriae.
Segundo podemos ler nalguna das referencias citadas, “no seu pedestal conserva en bos caracteres esta inscrición: Hizose por devoción de Dª Fran.ca Fidalgo M D 1697”.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html