
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Trasmiras
Parroquia: San Xoán de Trasmiras
Lugar: Trasmiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Peculiar cruceiro, bastante perto do outro e que non se sabe se haberá plataforma debaixo do asfalto, pero o que se ve é unha peaña cúbica da que sae un fuste moi curto, menos dun metro que remata nun capitel dórico moi estreito que suxeita unha cruz de pedra coas figuras, moi rústicas, da virxe María e o crucificado.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.023380915099Lonxitude: -7.6153042133091
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84







1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 19, 2025
Engado as seguintes referencias bibliográficas:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/TRASMIRAS/documents/28151ca005.pdf (ficha nº 401 // páxina 11)
http://www.altalimia.org/pdf/070053.pdf
https://cruceirosdegalicia.xyz/320820502.html
e a seguinte referencia bibliográfica:
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2010). Cruces, cruceiros e petos do concello de Trasmiras. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html