Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Trasmiras
Parroquia: San Salvador de Vila de Rei
Lugar: Vila de Rei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Peculiar templo que consta dunha soa nave moi longa rematada nun presbiterio non diferenciado, e todo a tres augas, No lado sur está adherida a sancristía. A fachada é tamén moi alta, cunha porta arquitrabada debaixo dun pequeno rosetón que representa unha estrela de cinco puntas, e rematada por dous pináculos que acompañan a unha torre campanario cadrada, con catro ocos e coroada por catro pequenos pináculos que rodean a outro corpo redondo moi curto e que fai de base a un cono feito a capas ou escamas, lembrando a catedral vella de Zamora, e todo rematado un pequeno podio onde se asenta unha cruz de pedra (a carón dun pararraios).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.013902482858
Lonxitude: -7.5962858689893
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84