Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Trasmiras
Parroquia: Santa María de Zós
Lugar: Zos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Un dos templos máis bonitos de toda a Limia se asenta no alto dun outeiro, no medio da chaira, sendo ese outeiro un castro recoñecido e recoñecible. O templo é unha marabilla e consta dunha soa nave a dúas augas na que o presbiterio é lixeiramente máis estreito e baixo que a nave, logo das reformas do século XVIII. Polo resto, conserva boa parte dos aditamentos de arte románica, como os diversos canzorros e, sobre todo, a fachada principal, onde a porta arquitrabada ofrece ata seis arquivoltas, con varias columnas con capiteis do gusto da época e figuras estrañas. Moldurada con dentes de lobo e outras figuras medievais, é unha marabilla visual. A fachada remata nunha espadana non moi grande de dous ocos grandes e outro pequeno no vértice, onde se asenta unha pequena cruz de pedra. Na porta lateral, tamén arquitrabada, ten un tímpano que semella ser un entrelazado dobre formando unha figura xeométrica moi típica da idade do ferro de Galicia, co que pode ser unha pedra reaproveitada do castro onde se asenta a igrexa. Tan chamativa é a pedra que incluso un dos capiteis da porta principal emula ou copia o deseño de tal pedra antiga.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.040632028278
Lonxitude: -7.6614725589752
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84