
Outra fotografía:
Tipo de ben: Calvario,
Concello: Trasmiras
Parroquia: Santa María de Zos
Lugar: Zos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Hai dous cruceiros exactamente iguais, pero coa casualidade de que un está xusto na encrucillada onde se desvía un para subir ata a igrexa de Zos, e o outro está xusto por detrás da igrexa, no centro do recinto do castro. Fai pensar que pola tipoloxía e distribución estes dous cruceiros formarían parte dun vello Via Crucis desaparecido. Fórmanse cunha pequena plataforma dun chanzo na que se asenta unha peaña cúbica da que sae fuste de sección cadrada que se afusa segundo sube en altura para rematar nun capitel cúbico que suxeita unha cruz de pedra de sección hexagonal.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.040264643817Lonxitude: -7.6614575418047
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 19, 2025
O segundo cruceiro desta ficha catalográfica tamén recibe o nome de Cruceiro dos Mourouciños. A tradición popular conta que polo mes de maio acudían ata él as mulleres a rezar e cantar as arrogativas.
Engado as seguintes referencias web:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/TRASMIRAS/documents/28151ca009.pdf (ficha nº 405 // páxina 7)
http://www.altalimia.org/pdf/070090.pdf
http://www.altalimia.org/pdf/070091.pdf
https://cruceirosdegalicia.xyz/320820901.html
https://cruceirosdegalicia.xyz/320820902.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao (2010). Cruces, cruceiros e petos do concello de Trasmiras. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
HERNÁNDEZ FIGUEIREDO, José Ramón (2006). As parroquias do Concello de Trasmiras (un achegamento ao mundo rural da Alta Limia). Ed: Auriae.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html