
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Baltar
Parroquia: Santa María da Boullosa
Lugar: Vilamaior da Boullosa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Humilde petiño nunha casa particular cunha furna arquitrabada e empotrada na vivenda enriba dun repousadoiro. Enriba da furna hai unha cruz e dous orantes en baixorrelevo e debaixo dun chapitel de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.923434610661Lonxitude: -7.7560740709305
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 20, 2025
Engado a seguinte referencia:
http://www.altalimia.org/pdf/010129.pdf
Nela podemos ler o seguinte:
“Fornela/Peto con arquiño de medio punto moldurado e peaña piramidal. Por riba do arco ten
unha cruz en relevo con dous pequenos pináculos tamén en relevo. Como remate superior ten un
doselete de forma piramidal.
A fornela albergaría unha imaxe de Santa Isabel, segundo unha veciña, agora atópase no retablo da igrexa parroquial de Vilamaior da Boullosa”.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html