
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Xinzo de Limia
Parroquia: San Pedro de Boado
Lugar: Boado
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Fermoso templo románico con algunha reforma posterior. Está feito nunha soa nave longa e sen diferencia co presbiterio, todo a tres augas. Na parede norte ten adosada unha sancristía. Na parede sur conserva unha porta cun arco cego e unha moldura cun gran axedrezado. A fachada é a parte máis bonita cunha porta arquitrabada e catro arquivoltas apoiadas en varias columnas con capiteis medievais, todo debaixo dun pequeno óculo e rematada nunha espadana de séculos posteriores franqueada por dous pináculos. O primeiro corpo é rectangular con dous grandes ocos e remata nunha cornixa de onde saen outros dous pináculos e un corpo triangular cun só oco coroado por unha cruz de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.068091739696Lonxitude: -7.6828765869141
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 19, 2025
Engado as seguintes referencias web:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/XINZODELIMIA/documents/0514ca003.pdf (ficha R.2 // páxina2)
http://www.altalimia.org/pdf/090011.pdf
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/ourense_Boado.pdf