
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Xinzo de Limia
Parroquia: San Salvador de Damil
Lugar: Damil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Templo de aspecto neoclásico feito nunha so nave dentro dunha estrutura de cruz latina, aínda que co cruceiro adiantado á metade da nave. O presbiterio tamén é máis ancho e alto que a nave, a catro augas e ten adosada unha sancristía no lado sur. A fachada é espectacular, cunha porta moi moldurada e alintelada reforzada con pilastras potentes que suxeitan un frontón case equilátero cunha furna no centro, hoxe vacía, ademais de ter en forma de altorrelevo dous pináculos. Nas esquinas da fachada hai igualmente dous potentes pilastras que rematan en sendos pináculos piramidais con bola que franquean unha espadana de dous ocos e corpo cadrado debaixo dunha cornixa que dá paso a dous pináculos e un corpo triangular cun oco rectangular e un óculo, coroado por unha cruz de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.036783374532Lonxitude: -7.7093660831451
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 19, 2025
Engado as seguintes referencias web:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/XINZODELIMIA/documents/0514ca003.pdf (ficha R.5 // páxina 8)
http://www.altalimia.org/pdf/090022.pdf