
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Xinzo de Limia
Parroquia: San Salvador de Faramontaos
Lugar: Faramontaos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Aínda que nos arredores hai unha boa morea de restos dun vello templo románico, como cornixas adornadas, relevos, pedras molduradas…, a igrexa actual non conserva practicamente nada da vella igrexa, sendo dunha soa nave non moi longa que remata nun presbiterio igual de ancho pero un chisco máis alto a catro augas. A fachada non é moi grande e ten unha porta alintelada e moldurada, franqueada nas esquinas por dúas pilastras, todo debaixo dunha grande espadana cun corpo cadrado con dous ocos que suxeita outro corpo cadrado cun só oco e franqueado por dous pináculos, que á súa vez dá paso a outros dous pináculos e un podio debaixo dunha cruz de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.006033587636Lonxitude: -7.6615047454834
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 19, 2025
Engado as seguintes referencias web:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/XINZODELIMIA/documents/0514ca004.pdf (ficha R.6 // páxina 1)
http://www.altalimia.org/pdf/090038.pdf