
Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Carnota
Parroquia: Pindo, O (San Clemente )
Lugar: Monte Pindo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
O Monte Pindo está cinguido por unhas murallas discontinuas ou intermitentes que chegan alcanzar cáseque os dous quilómetros, conformando un circo perfectamente delimitado na topografía cun carácter eminentemente defensivo, moi posiblemente da época tardorromana (século IV, V)
Este circo, aproveita grupos de penedos que exercen de barreira natural e, onde o acceso é doado, as murallas pechan o camiño ó recinto convertendo a croa do monte nunha fortificación de enormes dificultades pra o seu asedio. Hai unha serie de aterramentos entre as penedías e as murallas para poder desplazarse con facilidade e así ter vantaxe sobre o que sube o monte . Estes aterramentos e fortificacións son na súa maioría de cachote.
As murallas teñen un grosor de dous metros e nalgúns casos chega ata os tres metros. O seu uso é claramente militar en contra dalgúns autores que afirman que só é un valado para que os animais non saian… ou non entren.
Pode que sexan un deses chamados “Castella Tutiora”, as fortificacións máis seguras nos que a poboación galaicorromana resistiu os avatares das invasións bárbaras.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8922292551Lonxitude: -9.10982251167
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixiovieites says:
Xan 2, 2012
Para ler un pouco sobre este tema
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/09/12/no-corazon-do-xigante-e-iii-a-terceira-fortaleza-do-pindo/
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/09/14/0003_201109B14C19911.htm
http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/vestigios-romanos-noia-murallas-siglo-v-cima-monte-pindo/idEdicion-2011-09-14/idNoticia-700116/
http://www.montepindo.org/2011_09_01_archive.html (12-set.-2011)
http://www.quepasanacosta.com/?p=9238
Manuel Rial says:
Xan 13, 2012
Asina a prol da declaración do Monte Pindo como Parque Natural!
http://actuable.es/peticiones/a-prol-da-declaracion-do-monte-pindo-como-parque-natural
pablo fernández ans says:
Ago 21, 2024
“Os nomes da nosa terra”, é un proyecto de la Asociación Sociopedagóxica Galega, consta de 6 documentais, o nº 6 é do Monte Pindo.
https://www.youtube.com/watch?v=tHb7z36fnzg