
Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular, Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Louro. Rueiro dos Cuchariños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Conxunto formado por unha vivenda e un alpendre adosado. Trátase de dúas edificacións rectangulares cubertas cada unha delas a dúas augas,conformando así unha fachada de dous piñóns, na que resalta a sopena para protexer o cumio, e unha gárgola para a saída da auga que percorre a gran canle do muro medianeiro cara á fachada. Nos muros utilízanse grandes pezas graníticas axustadas con rachas, (perpiaño sen regularizar). No alpendre destaca a porta, protexida por dúas grandes pezas monolíticas que soportan a súa vez outra que serve de tornachoivas. A vivenda accédese por un sinxelo patín sen antepeito baixo o que se encontra a entrada ás cortes. Este tipo de construción correspondería a chamada “casa do pincho”, que apareceu na Galiza mariñeira na idade media e caracterízase por ter o piñón na fachada da casa, así como pola súa construción entre medianeiras.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son».
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7606391703Lonxitude: -9.08530497538
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




