
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Viana do Bolo
Parroquia: San Pedro de Grixoa
Lugar: Grixoa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Aínda que ten elementos modernos, o templo dá a impresión de que ten unha orixe case renacentista, con elementos arcaizantes. A nave é longa e alta e remata nun presbiterio máis ancho e alto que a nave, a catro augas e reforzado con contrafortes. A fachada é moi vizosa porque ten o aspecto medieval típico de fachada e torre, pero coa austeridade do renacentismo ibérico. A porta arquitrabada ten tres arquivoltas apoiadas en pilastras, debaixo dun grande óculo, case rosetón. Á dereita da porta hai unha pilastra na esquina que remata nun pináculo que fai xogo co outro da outra esquina. No cumio hai un podio cunha cruz de pedra. E á esquerda hai unha torre de planta cadrada moi equilibrada coa fachada, á que se accede por unha escaleira de 9 chanzos ata unha porta arcada. O máis alto é un corpo cúbicoo enmarcada por unha cornixa e rematado en catro pequenos pináculos e unha cruz de ferro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.214080761695Lonxitude: -7.162013053894
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 23, 2025
Engado a seguinte referencia web:
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/ourense_Grixoa.pdf