
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Viana do Bolo
Parroquia: Santa María de Viana
Lugar: Viana do Bolo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Templo raro, que se adaptou ao urbanismo medieval arredor do Castelo de Viana. É dunha soa nave altísima e bastante longa que remata nun presbiterio cadrado e non moito máis alto que a nave, pero aínda ten outro edificio acaroado que é a sancristía, que se chegou a adornar no alto cunha imitación dunha xanela xeminada da arte prerrománica. Nas paredes laterais se conservan moitos canzorros medievais, e tamén unha porta arcada tapiada debaixo do que son ménsulas que suxeitarían un pórtico típico do románico. A fachada principal ofrece un aspecto de torre case maciza, adiantada á nave, cunha porta arcada á que se accede a través de seis chanzos, debaixo dun pequeno óculo, e logo dunha cornixa, outro corpo cúbico con catro ocos para as campás. Remata o conxunto cunha cruz de ferro enriba dun podio.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.180050938342Lonxitude: -7.1156054735184
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 23, 2025
Engado a seguinte referencia web:
https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/ourense_Viana_do_Bolo.pdf