
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Vilardevós
Parroquia: San Bartolomeu de Berrande
Lugar: Arzoá
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Entre a Silva e Arzoá, nun valeciño estreito e sempre verde, o río Arzoá fai un dobre meandro, unha “omega”, rodeando por todos os lados excepto por un, un outeiro que se eleva uns corenta metros por encima do nivel dos lameiros do río. E no máis alto dese outeiro aínda se poden ver os “lazaces”, os alicerces e a forma da vella capela que coroaba e santificaba o lugar. Calquera diría que ese outeiro era un castro cristianizado, pero tanto non se pode afirmar. O que é seguro é que a advocación, sexa por casualidade (que o dubido) como deliberadamente, acáelle perfectamente á situación deste lugar, e case se podería afirmar que esta peculiar orografía chamou a atención tanto no pasado como chama hoxe, e iso podería ser un bo indicio de cultos anteriores ao cristianismo. Tanto máis se temos en conta a qué parroquia pertencía esta capela: a un castro, Castrelo. Conta a xente maior que a principios do século XX, decidiuse levar a santa á igrexa parroquial de Castrelo de Abaixo, e imaxino que eso contribuiu á ruína do templiño, que non tiña máis de cinco por tres metros. En calquera caso, un lugar dos máis bonitos da comarca.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.940024726146Lonxitude: -7.2165212349192
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




