
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Oímbra
Parroquia: Santa María das Neves das Chás
Lugar: As Chás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Non podo dicir que esta fose ermida, capela ou igrexa, pero si que de seguro existiu aquí algunha especie de templo do primeiro cristianismo, de finais da época romana ata os principios da primeira idade media. Hai indicios de dous tipos: físicos e indirectos. Os físicos son visibles a todo o mundo, na parte máis alta do xacemento hai unha esplanada pequena onde aparecen dúas, polo menos, tumbas escavadas na fraga, e varias estruturas murales que indican claramente que aquí había un edificio rectangular, que posiblemente sería o centro desas tumbas das que falamos. Ademais temos a constancia de que haidécadas, varios veciños de Vilaza baixaron de aquí varios sarcófagos de pedra do mesmo estilo das escavadas, aínda se pode ver un na granxa da Portela. E os indicios indirectos, que son os que podemos estudar na tradición oral e que xa comentei: tanto a capela de San Antón de As Chás, como a de Santa Ana de Oímbra, nun castro moi cerquiña, teñen a tradición de saber que eses santos pertencían orixinalmente ao templo que había na Ceadá e, por tanto, as procesións que teñan como centro eses santos deben saír dende o seu lugar orixinal, en base ao dito de que “os santos sempre queren volver a onde nacen…”
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.916771890901Lonxitude: -7.4918848384715
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




