Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Muros. Rúa Rosalía de Castro
Outra denominación do ben: Brasóns na Rua Rosalía de Castro
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Situados na fachada dianteira e traseira dunha casa da rúa Rosalía de Castro, atópanse estes brasóns que fan alusión ao apelido Figueiras, apelido moi común no Concello. O brasón componse de cinco follas de figueira de sinople, colocadas en aspa acompañados dunha estrela de gules de oito raios no centro, todo iso nun campo de prata. Os Figueiras chegan a Muros no século XVI procedentes da aldea homónima do Concello de Compostela, unha vez na Vila entroncan cos Patiño de Noal de Porto do Son e fundan un maiorazgo no ano 1580, e o seu sucesor, D. Juan Patiño Figueiras, consta como Familiar do Santo Oficio na Vila de Muros, e xunto coa súa muller, Catalina Oanes Corposanto de Guemez, fundan unha capela dentro da parroquial de Porto do Son baixo a advocación de San Ildefonso.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Artaza Malvárez, Ramón de: «Historia de Muros y su distrito». 2ª edición.

Torres del Río, Joaquín: Os apelidos do Concello do Porto do Son. Xeneaoloxía, etimoloxia e heráldica.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7747753287
Lonxitude: -9.05580067621
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84