
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Verín
Parroquia: San Pedro de Queizás
Lugar: Queizás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Esta capela debeu ter a súa importancia porque se cita en varias fontes respecto dunha tradición que, sen dúbida, é pagana, aínda que celebrada por sacerdotes católicos. Estaba perto da xunta dos ríos Búbal e Támega, un lugar moi especial, e o día de San Pedro, e con moitas colleitas ás vistas, para evitar as invasións de formigas xuntábanse tres párrocos: o de Queizás, o de Oímbra e o de Vilaza para facer alí os rituais necesarios para librar á xente deses insectos. Mentres tanto, a xente facía mollos con herba seca e facer con eles pequenas barquiñas que botaban ao río, coas que pretendían que as formigas montasen e pasasen á outra beira, na que non molestarían porque é monte. Taboada Chivite quixo ver nesta tradición un refrexo de ritos antigos de veciñanza e de crenzas relacionadas coa fertilidade da terra e bondade nas colleitas.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.921829684026Lonxitude: -7.4562363725634
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




