
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Mazaricos
Parroquia: Colúns (San Salvador)
Lugar: Colúns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Esta freguesía chamada polos romanos “Claudicherium” está regada polo río Beba e que nace nos montes de Outes. De planta de cruz latina con dúas capelas formando a nave de cruceiro, presenta unha soa nave dividida en tres tramos, cuberta por unha bóveda de canón de formigón que descansa sobre arcos faixóns. A capela maior cóbrese cunha bóveda de aresta ó igual que a capela do lado da epístola. Móstranos un arco triunfal de granito de medio punto que o comunica co cruceiro. No seu interior adórnase cun retablo neogótico de madeira sen policromía.
A cuberta é a dúas augas na nave central, e a tres nas capelas e no presbiterio, mentres que a sancristía ten unha cuberta a unha soa auga.
A fachada conduce ó fiel ó interior do muro, ó que se accede mediante un arco de medio punto peraltado. O esquema pentagonal rómpese mediante enormes pilastras laterais coroadas por pináculos e unha cornixa que serve de asento a un campanario no que as solucións propostas pola arquitectura civil quedan reflectidas no segundo corpo que imita a un pombal.
O exterior caracterízase por un volume moi diferente formados pola nave, as dúas capelas da mesma, destacadas en planta e a sancristía. Algo inusual pola elección da planta remítenos a unha tipoloxía frecuente na Igrexa dende a época románica.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Sanata Comba, Vimianzo e Zas”, Vol. X, Deputación Provicial da Coruña, 1998.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MAZARICOS/documents/0213CA003.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.95207227351332Lonxitude: -9.034532904624939
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84