
Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Monterrei
Parroquia: Santa María de Medeiros
Lugar: Medeiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Que eu califique este misterioso lugar como eremitorio só é unha consecuencia dun estudio comparativo con lugares semellantes, engadindo na ecuación algo de tradición oral e lóxica deductiva, ademais do criterio dunha experta como Rebeca Blanco Rotea. Polo tanto, non é unha idea pechada, senón pendente dunha investigación especializada que permita datar e catalogar este lugar cunha denominación correcta. É unha cova, artificial, escavada no sábrego debaixo dun gran batolito nas ladeiras da Riveira de San Brais, en Medeiros, o lugar que miticamente foi sempre o de mellor viño de todo o Alto Támega, segundo Pedro González de Ulloa. Ten uns cinco metros de profundidade tres e medio de anchura no fondo. Os ocos da escavación están reforzados con muretes de cachotería, e ten un respiradeiro natural por unha creba do penedo, é dicir, un lugar hábil para facer lume sen afogar. Na parte máis ancha hai un banquiño baixo, tamén labrado no sábrego, e varias furniñas que servirían para poñer candís ou almacenar obxectos. E no centro visual e xeográfico da cova, unha cruz gravada nunha cornixa da pedra que fai de teito, perimetrada por un círculo e un simboliño con pouca interpretación en forma de “L” invertida no ángulo inferior dereita. Pero o máis interesante de todo é a entrada. Hoxe hai que entrar arrastrándose pola cantidade de terra que se foi amoreando, pero polo nivel orixinal do chan, a forma de entrar sería só agachando un pouco a cabeza… Como diciamos, o máis interesante é a entrada: non é a da propia cova, senón que había unha especie de corredor feito con perpiaños labrados e ben recortados, formando unha “V” ou funil para conformar o corredor, e os perpiaños estarían dispostos e chantados no chan a un lado e outro, e outros facendo de faio pétreo apoiándose nos chantados. Como por León e Palencia son moitos os lugares semellantes a esta tipoloxía de construción, e están catalogados como eremitorios (un eremita é un monxe que vive só por un voto, ou no primeiro cristianismo, como a primeira forma de retiro espiritual identificada co monacato, unha costume moi oriental), sen ter máis probas non podo afirmar que O Burato o sexa, pero si prantexar a hipótese e agardar a que se poida facer un estudo profundo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.90837099966Lonxitude: -7.5239239946684
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 24, 2025
Este ben está catalogado co código GA 32050013.
Engado as seguintes referencias web:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/MONTERREI/documents/27884ca011.pdf (páxina 20)