Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento, Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Calvos de Randín
Parroquia: San Xoán de Randín
Lugar: A Pena
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A historia non foi tan amable. O castelo da Piconha era moi disputado. Aínda que fora construído por Afonso Henriques, o primeiro rei de Portugal, o castelo foi pasando de mans durante toda a idade media. A finais desa idade, xa en 1517, as disputas territoriais entre a Casa de Bragança e o Meiriño do Val de Salas provocaron que o alcalde do castelo convocara un pequeño exército dende Portugal atacando esta aldea da Pena e queimándoa por completo. Tiveron que mediar, logo de que ese terrible ataque puxera en garda ao resto de poboacións, os reis de Castela e Portugal para castigar aos señores do castelo, como así foi, e aí comezou a decadencia da Piconha. Máis tarde, o conde de Monterrei concedeu permiso aos veciños da Pena para reconstruír a aldea, pero parece ser que nunca se volveu habitar, quedando a aldea coma un fósil dunha poboación montañesa da idade media. Hai outra versión do ataque na tradición oral, na que os responsables do ataque foron os veciños de Rubiás, que vendo invadidos os seus pastos polos veciños da Pena (apenas catro veciños), e en vinganza queimaron a aldea, refuxiándose os veciños en Xermeade. O caso é que despois deste asunto, o conde de Monterrei se tornou en valedor do Couto Misto.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Esta aldea desaparecida non era moi coñecida salvo pola investigación e polos veciños, e parece ser que formaba parte do Couto Misto pero non cos mesmos dereitos que as tres principais, sobre todo porque cecais formaba parte do alfoz do castelo da Piconha, moi perto da aldea, pero por debaixo dela, no val, mentres que a aldea está en plena montaña, nun porto complicadísimo e batido polo vento. Conta a lenda, que aínda se lembra nestes lugares, que unha princesa desterrada quedou atrapada pola neve neste lugar mentres fuxía dos seus perseguidores e estaba a punto de dar a luz cando veciños do Couto Misto a atoparon e lle salvaron a vida. Cando pasou o tempo e ela foi reposta no seu trono, a princesa agradeceulles o trato de concedeulles a independencia para sempre, ao chegar a ser raíña.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.884515237859
Lonxitude: -7.8572845458984
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84