Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Trasmiras
Parroquia: San Salvador de Viladerrei
Lugar: O Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

No lugar onde estaba o mítico castelo de Canderrei (Viladerrei) tamén está a que, para min, é unha das aldeas máis bonitas de toda Galicia, e que se chama, tal cual, O Castelo. Describir o lugar quédase corto coa realidade: é unha aldea pétrea, cunha arquitectura potente e ben conservada, salvo un par de detalles que non afean o entorno. Está nun lombeiro destacado polo que só se entra por un lado, acentuando o seu pasado de castelo. O outeiro onde estaba a fortaleza fai tamén de parapeto contra os ventos invernais, moi potentes por aquí, e dende o outeiro, as vistas do val da Limia son, sen dúbida, os millores. O curuto é unha cristalización granítica onde se poder ver perfectamente os negativos onde se pousaban os sillares de cimentacións da torre e murallas, aproveitando a propia natureza do lugar, xa unha fortaleza natural. Mirando cara a Limia tamén está a capela da aldea e o castelo, que chama a atención pola cantidade de sillares reaproveitados, posiblemente do castelo, ademais de ter na traseira un altorrelevo que mesmo semella romano.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.00096298818
Lonxitude: -7.5890636444092
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84