
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Castrelo do Val
Parroquia: Santa María de Castrelo do Val
Lugar: Castrelo do Val
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Esta estela atopouna o propio dono da terra, José Luís Lozano Rúa, aí polo 2008, na zona de Castrelo do Val chamada Pedralta. Hai outros exemplos de Pedra Alta noutros lugares de Galicia, como a veciña terra de A Limia, e a súa Pedra Alta de Antela. Se o topónimo indicaba a posible existencia dunha pedrafita ou menhir, en realidade quedouse moi por encima das expectativas. Cando Antonio de la Peña Santos a viu, deseguida a identificou como un tipo de estela do Bronze moi habitual nas zonas máis ao sur das Estremaduras, tanto portuguesa como española, pero para nada algo normal tan ao norte. En realidade dixo algo que me chamou a atención pero teño que darlle a razón: se nalgún lugar podía aparecer, en Galicia, unha estela como esta, tiña que ser no país do Alto Támega, pola orientación do val deste río e as máis que posibles influencias culturais vidas dende o sur. Coa historia da pedra xa de sobras coñecida, hoxe está no Museo Arqueolóxico de Ourense, aínda que se segue loitando para volvela traer á súa terra orixinal. A estela, como diciamos, é dun estilo moi alonxado xeográficamente: aínda que é un menhir, busca o bulto redondo, é dicir, case
é unha estatua. Ten catro escotaduras estratexicamente situadas que buscan a forma antropomorfa. Pero o máis interesante, se cabe, son as representacións gravadas na pedra. Polo lado de atrás hai varias coviñas, e por diante unha panoplia, un conxunto de armas clásicas do Bronze, como unha alabarda, unha espada, un escudo con escotadura en V, e un carro, ademais doutra simboloxía. O do carro é especialmente significativo, pois é a representación máis arcaica que existe en Galicia deste medio de transporte ao mesmo tempo que unha arma terrible.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.984370791459Lonxitude: -7.4362040300271
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 25, 2025
Engado as seguintes referencias web:
https://musarqourense.xunta.gal/es/pieza-mes/pedra-alta-de-castrelo-do-val
https://monterreicultura.blogspot.com/2014/11/estela-do-guerreiro-de-pedralta.html
https://historiamonterrei.blogspot.com/2012/09/entrevista-o-descubridor-da-estela-do.html