Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Folgoso do Courel
Parroquia: Folgoso do Courel (Santa María)
Lugar: Sobredo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O esporón de lousa sobre o que se asenta o Castro da Torre, de 150 m. de lonxitude e 50 m. de ancho, ten unha orientación noroeste-surleste, emerxendo uns 30 m. sobre o terreo que o rodea polo que é practicamente inexpugnable e, alí onde o precisaba, construíron os elemento defensivos precisos como é o caso da cara noroeste, zona de unión do esporón coa ladeira, onde escavaron un foxo duns 15 m. de profundidade.
En canto ao urbanismo deste castro, debido ao abrupto do terreo, o seu perímetro está completamente aterrazado mediante a construcción de murallas formando socalcos e rebaixes na rocha, conseguindo así superficies horizontais sobre as que asentar as diversas construccións. O castro atópase cruzado por unha rúa principal que percorre lonxitudinalmente o poboado e outra serie de rúas secundarias e transversais.
As edificacións contruíronse con parede de lousa e seixos nas fiadas inferiores das zonas húmidas, distinguindo tres modelos: de pranta circular, rectangulares con esquinas redondeadas e rectangulares con esquinas vivas.
Os materiais recuperados nas escavacións sitúan o uso deste castro entre os séculos I e IV d.C.

As primeiras noticias deste xacemento datan de 1980, acometéndose nel unha intervención arqueolóxica en 1993.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaComunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://culturagalega.gal/roteiros/detalleextra.php?id=7&cod_rtro=15&cod_obx=224
Castro da Torre no Courel, un poboado mineiro do século I d.C. que gaña visitantes

BIBLIOGRAFÍA
-LUZON NOGUE, José Mª. y SÁNCHEZ PALENCIA RAMOS, Fco. Javier: El Caurel. Excavaciones Arqueológicas en España nº 110. Madrid. Dirección general del Patrimonio Artístico, Archivos y Museos. 1980
-Caminando por la sierra del Caurel – Autor: Antonio Neira Rodríguez Editor: Promocións Culturáis Galegas, S.A. (1998).
-Guía do Courel – Autores: Javier Guitián, Luis Guitián Rivera – Fotografía: José L. Martínez Villar – Editor: Edicións Xerais (2009).



Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6180006555
Lonxitude: -7.18460798264
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84