
Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Monterrei
Parroquia: Santa María de Monterrei
Lugar: Monterrei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Casa de Monterree e, dada a data das obras de construción da terceira muralla, pertence á VII Condesa de Monterrei, Dona Isabel de Zúñiga y Fonseca. Cuartelado, trae no primeiro cinco luceiros de oito puntas colocados en sotuer, armas dos Fonseca; no segundo a banda e brochante sobre o todo a cadea dos Zúñiga; no terceiro, contracuartelado, no primeiro e cuarto un acivro e no segundo e terceiro un lobo ravisante dos Acevedo e, no cuarto, un pao cargado de dúas caldeiras e encostado doutras seis colocadas en dous paos de tres, dos Biedma. Timbrado con coroa condal, está acolado de cruz de Santiago.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.946642712261Lonxitude: -7.4507664345116
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 26, 2025
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534