Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Verín
Parroquia: Santa María de Verín
Lugar: San Lázaro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Primeiro.- Á vez partido e medio cortado: 1.- Seis roeles, colocados en dous paos de tres, armas dos Castro. 2.- Dous espellos, colocados en faixa, e 3.- Unha custodia sumada dunha cruz de gaxos. Non parecen ser de liñaxe as armas reflexadas nestos dous últimos cuarteis, senón de cargo, posiblemente desarrollado no Santo Oficio, xa que a cruz de
gaxos que suma a custodia, no 3, é peza xeralmente utilizada nos escudos de armas daquela institución. Varios investigadores indican que tamén as figuras colocadas en faixa, no 2, son custodias, pero outros estiman que son dous espellos, símbolos de virtud nun ministro ou familiar do Santo Oficio Segundo.- Medio partido e cortado: 4.- Tres escobas postas en pao e colocadas en faixa, surmontadas dunha cruz flordelisada, con bordura cargada de dez billetes ondados. Puidiera corresponder a GOBANTES DE ESCOBAR, a cuxos liñaxes pertencía a esposa do titular do escudo. 5.- Unha barra e brochante sobre o todo cadea de trinta e dous eslabóns colocada en orla, que poden corresponder a Zúñiga. 6.- Cortado en xefe: a) Cuartelado: 1º y 4º, unha espora; 2º y 3º, unha caldeira, armas inconfundibles de los PUGA. b).- Sobre ondas, dúas torres, ambas resaltadas por unhas cadeas e sumadas de dúas águias enfrontadas, apoiando unha das suas patas sobre cada unha das torres e sostendo coa outra unha copa na que pican, armas plenas dos SALGADO. Surmontado o anterior por dous lagartos contrapasantes, e brochante sobre eless unha lousa, armas dos LOSADA. Timbrado con ielmo empenachado volto á destra, coa visera baixada de sete grilletas, sinestrado dun ave e con coroa de tipo condal voada. Adornos exteriores de lambrequíns de follas de acanto, trompetas, tambor, lanzas, picas, guións, dous canóns outros obxectos de carácter militar, na súa parte inferior leva dous cruces, que aluden a condecoracións outorgadas ao titular do escudo. Acolado pola súa destra, repousa sobre a cruz de Santiago. Ao pé do escudo unha pequena cartela, claramente esculpida, leva la data de 1737.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.940671028197
Lonxitude: -7.4429324650387
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84