Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Verín
Parroquia: Santa María de Verín
Lugar: Verín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O escudo, ovalado e cuartelado en cruz, leva: 1, cinco crecentes colocados en aspa ou sotuer, sumados cada un dun punto, armas dos AMBIA; 2, un billete enmarcado, cargado de dúas flores de lis, acompañadas de nove roeles cortados, liñaxe sen determinar; 3, posiblemente un oso levantado, con bordura de quince billetes, por COLMENERO, e 4, ballesta posta en barra, acompañada de dúas figuras de difícil identificación. Timbrado de celada empenachada volta ao destro, tras da que saen dúas frechas e ornado con lambrequíns.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.94127326487
Lonxitude: -7.4387788507054
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84