
Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Verín
Parroquia: San Pedro de Queizás
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Redondeados e enfrontados, os seus campos están cuartelados en cruz, e traen: 1, unha árbore terrazada, cargada a súa copa dunha cabeza humana, encostado de dúas cabras enfrontadas empinantes ao trocho, armas dos Sotelo; 2, dúas torres resaltadas por unha cadea que as rodea, sumadas de dúas águias enfrontadas que pican nun saleiro, armas dos Salgado; 3, cinco estrelas de oito puntas colocadas en sotuer, armas dos Fonseca; 4, tres faixas por Ribera e, brochante sobre o todo, escusón con león rampante, seguramente por Silva. Acolados ambos pola cruz de Santiago, signo de que o seu titular era cabaleiro desa Orde militar, están timbrados con ielmo empenachado, que por cortesía heráldica nosescudos afrontados, o ielmo do escudo da esquerda está volto á sinistra e tamén está contornado o león do seu escusón, para mirarse, entre sí, co ielmo e o león do escudo da dereita, voltos ambos cara a destra. Escudos sobre cartela e ornados con lambrequíns.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.922274252948Lonxitude: -7.450456317881
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 27, 2025
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534