
Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Verín
Parroquia: Santa María de Tamaguelos
Lugar: Tamaguelos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O escudo pode describirse como medio partido e cortado, e trae: Primeiro, cuartelado en cruz 1) e 4), combinando ambos cuarteis, espada fixada posta en banda, superada súa empuñadura no primeiro por unha letra M, que podería ser Bahamonde, e acostada a súa punta no cuarto por dúas mans, unha apalmada, amosando a palma e a outra contrapalmada, ambas abatidas. 2),tres bandas, cargadas cada unha dunha troita, por Gaioso e 3), torre donxonada, á que non pode asignarse liñaxe determinado; segundo, tamén cuartelado: 1) e 4) non é posible identificar as súas figuras; 2) e 3) tres flores de lis colocadas en faixa e terceiro, unha águia, acostada de dúas árbores arrincadas, que podería ser Aguiar. Escusón en xefe, que leva tres barras, timbrado con coroa condal. O escudo está timbrado con ielmo empenachado frontal, con viseira baixada de sete grilletas, que identifica ao seu titular como conde ou militar de alta gradación, ornado de lambrequíns, entre o escusón e el ielmo asoma unha cara humana.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.86988289585Lonxitude: -7.4424621174908
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




