
Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Oímbra
Parroquia: Santa María de Oímbra
Lugar: Oímbra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Á dereita da capela nobre da igrexa parroquial. Semicircular, seu campo é partido e lleva: 1. Cortado de dous trazos: a).- Cruz flordelisada cantonada de catro espigas, armas dos LUGO; b).- Árbore arrincada, acompañada de dúas flores de lis, unha a cada lado, probablemente dos ACEVEDO, e c).- Torre donxonada, acostada de dous leóns coroados empinantes, un a cada lado, armas dos ENRIQUEZ, aínda que podería ser TORRE o DE LA TORRE. 2. Cortado: a).- Unha «M» coroada e bordura cargada de sete peixes, armas dos BAHAMONDE e b).- Sobre ondas tres rocas sumadas de sendas matas de estrugas, con sete follas cada unha, armas dos FAJARDO, pero que tamén foron utilizadas polos FERNANDEZ DE LUGO. O escudo, sobre cartela, está soportado por dous dragóns cuxas colas se entrelazan; timbrado con casco de fidalgo vistosamente empenachado, volto al destro e, brochante sobre a gola, leva un escudete con cinco estrelas colocadas en sotuer, á súa vez timbrado de doble cruz patriarcal de arzobispo, inequívocas armas dos FONSECA compostelanos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.886779208257Lonxitude: -7.4724663013581
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 27, 2025
Este escudo atópase no interior desta igrexa:
https://patrimoniogalego.net/index.php/66591/2015/02/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-oimbra/
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534