Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Oímbra
Parroquia: Santa María de Oímbra
Lugar: Oímbra
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Nunha fonte hoxe desaparecida. Semicircular, seu campo é partido e lleva: 1. Cortado de dous trazos: a).- Cruz flordelisada cantonada de catro espigas, armas dos LUGO; b).- Árbore arrincada, acompañada de dúas flores de lis, unha a cada lado, probablemente dos ACEVEDO, e c).- Torre donxonada, acostada de dous leóns coroados empinantes, un a cada lado, armas dos ENRIQUEZ, aínda que podería ser TORRE o DE LA TORRE. 2. Cortado: a).- Unha «M» coroada e bordura cargada de sete peixes, armas dos BAHAMONDE e b).- Sobre ondas tres rocas sumadas de sendas matas de estrugas, con sete follas cada unha, armas dos FAJARDO, pero que tamén foron utilizadas polos FERNANDEZ DE LUGO. O escudo, sobre cartela, está soportado por dous dragóns cuxas colas se entrelazan; timbrado con casco de fidalgo vistosamente empenachado, volto al destro e, brochante sobre a gola, leva un escudete con cinco estrelas colocadas en sotuer, á súa vez timbrado de doble cruz patriarcal de arzobispo, inequívocas armas dos FONSECA compostelanos. Ten unha cartela debaixo que pon : YN PRECLARY FONTYS HONOREM HOCOPUS? EREXIT DOCTOR JOANES YANNEZ DE LUGO ANNO 1637.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.885235162051
Lonxitude: -7.479946466377
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84