
Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Santiago, Rúa Nova 34
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O edificio situado na rúa Nova, nº 34, foi promovido no ano 1919 pola liga de Señoras de Santiago e encargóuselle o proxecto a Jesús López Rego, un arquitecto modernista de Santiago. Está conformado como unha construción de baixo máis dúas plantas que amosa só unha fachada a rúa, por estar nunha fila de edificios que forman a Rúa Nova. A fachada, reformada 1949 polo arquitecto Pons Sorolla, amosa na parte baixa dúas amplas portas para a entrada do público asistente aos espectáculos e un amplo balcón enriba delas, na planta segunda, con grandes ménsulas de pedra que o sosteñen, e tres portas que dan acceso a el. A varanda é de ferro forxado e amosa adornos vexetais en dúas prolongacións que rematan na parte superior, a modo de pórtico, incrustadas na fachada. No último piso ten tres ventás centradas ao longo da fachada. Está dotado de todo o necesario para a posta en escena de obras teatrais, proxeccións audiovisuaís, e outro tipo de espectáculos. A día de hoxe é a sede do Centro Dramático Galego.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.centrodramatico.org/cdg/salonteatro/interior.php?txt=salon_edificio
http://www.mirem.net/TodosLosMarcos.htm (en acceso recintos escénicos- Galicia)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.87846429358661Lonxitude: -8.543962240219116
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84