
Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Xinzo de Limia
Parroquia: Santa Mariña de Xinzo de Limia
Lugar: Xinzo de Limia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Escudo ovalado, medio cortado e partido que trae: 1) unha árbore arrincada, adestrada dun guerreiro que na súa man destra empuña unha espada e na sinistra sostén a cabeza dun home ao que degolou, superado de tres lises mal ordenadas e sinistrado do cuerpo tendido do home degolado, surmontado este dun cánido pasante; 2) escudete con catro bandas diminuidas; 3) castelo con dúas torres, sumado dun saleiro e dúas águias pousadas que apoian as patas nas torres e pican no saleiro, armas de SALGADO. Escudo sobre cartela, timbrado de elmo empenachado terciado á sinistra, adornado con lambrequíns, que parecen ser sarmientos que parten do alto e rodean todo o escudo terminando en dous racimos baixo a punta.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.063003012186Lonxitude: -7.726280591688
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Oscar Franco says:
Mar 29, 2025
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
Oscar Franco says:
Mar 31, 2025
Engado a seguinte referencia web sobre o escudo:
http://www.altalimia.org/pdf/09026601.pdf