Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Viana do Bolo
Parroquia: Santa María de Viana do Bolo
Lugar: Viana do Bolo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Escudo de tipo holandés con catro cuarteis no seu campo. No primeiro leva seis billetes colocados verticalmente en dous paos, pola familia Macías; no segundo leva un brazo en movemento cunha maza na man, pola familia dos Somoza; no terceiro, unha árbore enriba de cinco lanzas, pola familia dos Quiroga; e cuarto, unha banda diagonal que separa dúas flores de lis, armas propias da familia dos Diéguez. Todo rodeado de lambrequíns de follas de acanto e outra simboloxía propia da dignidade militar do marqués, como tambor, timbal, bandeirolas, baquetas para canón, canón, lanzas e, sobre todo, a coroa de marqués timbrando a labra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.180567841368
Lonxitude: -7.1134140400777
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84