
Outra fotografía:
Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Monterrei
Parroquia: Santa María de Medeiros
Lugar: Medeitos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Excelente edificio o da reitoral de Medeiros, cunha pranta duns 250 metros cadrados e en forma de L, aproveitando eficientemente as orientacións e os ventos. Ten no L un patio grande e en parte empedrado que dá a unhas escaleiras anchas e de pedra que suben ao andar da vivenda, con estancias moi grandes e soallo de castiñeiro ancho. Hai cociña nobre con forno de pan, lavadoiro de pedra e tulla. E o dormitorio é con vestidor, e neste hai unha trapela que leva a un “segredo”, unha estancia camuflada no cortello de abaixo que debeu servir tanto para esconder cousas como persoas. Os cortellos son grandes e con boa altura, e tamén hai unha palleira aberta e espazosa. Nunha esquina hai empotrado un cadaleito de pedra moi vello. Na portiña de entrada, a través dunha rampa feita con perpiaños enriba da fonte do Bouzo, hai un petador rústico que representa a unha cobra. E na parede que dá ao sur hai a media altura un canzorro románico reutilizado, posiblemente da vella igrexa de San Salvador nalgunha das súas reformas. Ten tamén a modo de bordón un esgrafiado que cobre o aleiro. E, por último, a carón do patio e separado deste por un muro alto e ancho, hai unha horta moi grande e ben tapada polos altos muros exteriores, e rodeada dun emparrado a modo de claustro, unha marabilla.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.903784713284Lonxitude: -7.5428481715527
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 1, 2025
Engado a referencia web deste ben no Pxom do concello do ano 2014:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/MONTERREI/documents/27884ca010.pdf (ficha 0501 RE 01 // páxina 1)