Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Monterrei
Parroquia: San Salvador de Vilaza
Lugar: Vilaza
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Enorme pazo que hoxe está adicado á restauración e aloxamento rural de luxo, antano pertenceu a personaxes coñecidos como o militar e ministro Blanco Rajoy, xa hai máis dun século. Por fora conserva moi ben a fachada orixinal, con dúas labras heráldicas que falan das familias do pazo, varias xanelas e dous balcóns fan del un lugar luminoso. Ten un portón de entrada, blasonado no frontón triangular coroado de pináculos. A finca é enorme, con xardíns e pozos e fontes, e incluso unha capela construída ad hoc para celebracións de hoxe. A fachada interior é fermosa, con dúas galerías asoportaladas franqueando a entrada de escaleira dobre. Toda a parte do patio pegada á casa está empedrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.930361128145
Lonxitude: -7.4875914736423
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84