
Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Laza
Parroquia: San Pedro de Castro de Laza
Lugar: Castro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Enorme edificio que representa o poderío da parroquia máis grande de todo o Támega. Ten unha forma de L, onde o pao longo é tamén moito máis ancho que o curto. Todo o edificio está feito con cachotaría de lousa ferrosa reforzada nas esquinas e vans por perpiaños escadrados. Todas as paredes están cubertas de pallabarro ou enlucido de terra, e adornado con esgrafiados de cal imitando pilastras e marcos para xanelas e portas. E no portón de entrada loce un gran escudo de armas cunha mitra e dúas enormes chaves cruzadas, símbolo de San Pedro pero que, curiosamente, só pode usar desta maneira o Pontífice Máximo, o Papa, e non se sabe de ningún Papa de Castro… Por demais, o escudo queda enmarcado en esgrafiados de cal, que chegan ata a porta.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.08542686629Lonxitude: -7.4881120391981
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 11, 2025
Engado a referencia web da ficha catalográfica deste ben no PXOM do concello de Laza:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/LAZA/documents/26331ca005.pdf (ficha nº 14 // páxina 3)