Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Cualedro
Parroquia: Santa Baia de Montes
Lugar: Montes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Grande edificio que coroa a aldea e está a medio camiño do outeiro onde está o castro. A carón mesmo está a igrexa. É un edificio que mestura a dúas formas de usar a pedra de gra, con gran cachotaría e con sillares, principalmente nas fachadas exteriores. Ten un gran portón de entrada protexido por un burato para unha escopeta, pasando un aun gran patio porticado e empedrado. Conserva moitos detalles, como o forno que dá cara fóra, a pía escavada na peneda, dúas pías monolíticas, unha delas posiblemente unha vella tumba; o lavadoiro, varios cortellos… Na parte de abaixo hai un corredor de pedra suxeito con grandes contrafortes, e varias ménsulas compostas bastante impresionantes.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.965069320402
Lonxitude: -7.5546615952067
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84