Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Verín
Parroquia: San Fiz de Pazos
Lugar: Pazos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Un lugar de tanto señorío como Pazos non podía ter unha reitoral que non estivese á altura, e pódese dicir que era a vivenda máis luxosa de todos os pazos de Pazos. Hoxe está moi degradada e a parte de arriba úsase como lugar comunal, pero o resto está abandonado. Mesmo a un lado da igrexa, é un edificio en forma de L, cun patio empedrado e porticado con boas columnas de orde toscano. A parte de arriba está desaparecida e consérvase a estrutura pero non como era. A escaleira de entrada ao pazo reitoral é monumental, con volutas, molduras, petril e un león rampante que ten mutiladas as patas no aire. Dentro semella aínda máis antigo, pois conserva algunha porta con arco de medio punto. falsos arcos na adega, e nos exteriores da finca parroquial ten ata dous remedos de garita nas esquinas do gran muro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.941765064846
Lonxitude: -7.4529505003169
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84