
Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Riós
Parroquia: Santa María de Fumaces e A Trepa
Lugar: A Trepa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificio famoso por cuestións non arquitectónicas. A Trepa era unha aldea periférica, sen importancia, ata o século XVIII, onde o famoso cura da Trepa, con grandes contactos na corte de Carlos III, conseguiu que o trazado do Camiño Real que viña de Castela fixese unha grande revolta para pasar diante dunha pequena capela que el rexía, e converteuna na segunda sé da parroquia de Fumaces a través da creación dunha mercé do rei que consistía nunha feira anual de gando que duraba varios días. A feira daba uns beneficios tan grandes que popularmente se coñecía ao cura da Trepa como o máis rico de Galicia. O caso é que dende que morreu, o seguinte párroco buscou os diñeiros mitolóxicos do anterior e non atopou nada, correndo a lenda de que antes de morrer enterrara todo o seu ouro debaixo do edificio reitoral. Moitos levan buscado tan tesouro sen éxito. O edificio é, sen embargo, bonito, longo, unha fachada con sete xanelas e dúas portas e, ao estar en pendente, a parte de arriba dá directamente ao camposanto, tendo no lado curto unha bonita galería.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.971500823228Lonxitude: -7.3307499213742
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 11, 2025
Engado a referencia web da ficha catalográfica deste ben no PXOM do concello de Riós:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/RIOS/documents/0488ca005.pdf (ficha nº 47 // páxina 12)