
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Oímbra
Parroquia: Santa María de Videferre
Lugar: Videferre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A casa non é moi grande pero é a única que está brasonada en toda a aldea. Pertenceu a un oficial da Inquisición na época na que o reino de Portugal era de Felipe II e o Barroso era un dos refuxios máis importantes dos xudeus fuxidos de Castela e León. Hoxe está restaurada en parte.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
O nome de Casa do Forte venlle dunha lenda que ten todos os visos de ser histórica. O Forte era un soldado de fortuna que fóra acompañante de Hernán Cortés nas Américas. Aínda que moitos deses soldados quedaron alá, os que voltaron foron recompensados con pequenos coutos onde exercían de señores e, a este Forte, lle deron o couto de Videferre, que ao ser fronteirizo interesaba mantelo militarmente. O tal Forte impresionou aos veciños cando se achegaba á aldea, posto que viña a cabalo e fumando, algo realmente exótico naquela época. O caso é que os veciños chamaron ao cura porque pensaban que era o demo botando fume pola boca. A entrada non foi triunfal. O Forte, logo desta primeira experiencia amosouse como o típico home de armas, descreído e bebedor, amigo de pelexas. Nunha destas, encarouse ao cura, e moi grande tivo que ser a ofensa que o párroco chamou ao Santo Oficio. Vendo o Forte o que lle viña enriba, botouse ao monte e fuxiu. Durante tres anos estivo en busca e captura, pero conta a tradición que se agachou na Casota da Moura (un vello dolmen desaparecido) e só por unha traición dun veciño o prenderon. Nunca máis se soubo del. O caso é que a Inquisición apropiouse da súa casa e converteuna no seu cuartel.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.849979119409Lonxitude: -7.5857399651184
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 11, 2025
Engado a referencia web da ficha catalográfica deste ben no PXOM do concello de Oímbra:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/OIMBRA/documents/28007ca002.pdf (ficha nº 38 // páxina 52)