
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Lagostelle (San Xoán)
Lugar: O Pazo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro do ano 1890 que nace sobre un chanzo de sección cadrada. A súa base moldurada con escocia da paso a un varal de sección cadrada coas arestas rebaixadas
O capitel de sección cadrada decorado con caras e unha banda denticular da paso a unha cruz sección cadrada, coas arestas rebaixadas e remates florenzados.
Segundo se recolle na bibliografía consultada, “La parte superior del cruceiro (posiblemente fuste, capitel y cruz) no son los originales pues fueron robados hace décadas. En su lugar se le colocaron las partes que figuran en la actualidad, con la cruz sin figuras (aunque el original sí las tenía)”.
Na mesma bibliografía tamén se recolle que a base posúe unha lenda que reza o seguinte:
“Este crucero lo hizo José Losada de Landeira y su mujer Dominga Pardo en 1890.”
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
REFERENCIAS WEB
https://concellodeguitiriz.com/plan-xeral-de-ordenacion-municipal-do-concello-de-guitiriz/ (ficha 3.6-23)
https://cruceirosdegalicia.xyz/2702214.html
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
ARRIBAS ARIAS, Fernando e BLANCO PRADO, José Manuel (1999). Cruceiros de Guitiriz. Ediciós do Castro. Cadernos do Seminario de Sargadelos, 81.
PÉREZ, Jenaro e SEIJAS, Yasmina (2006).Tras las huellas de la cultura y del medio natural de Guitiriz. Edición propia.
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia.
GAY MÉNDEZ, Aurora (1995). O concello de Guitiriz. Ed: Diputación Provincial de Lugo.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.193019567264Lonxitude: -7.8960004709283
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




