Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Outeiro de Rei
Parroquia: Vicinte (Santa María)
Lugar: Os Bravos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Situada en Bravos (Vicinte), cando esta aldea foi suprimida como parroquia, na reforma parroquial de 1890, deixou de ser igrexa para pasar a subsistir como capela da confraría da Virxe do Rosario (fundada en 1704). Esta capela, de pedra de cantaría, foi obxecto de varias reformas, algunhas dos primeiros anos de século XV de acordo á inscrición que recollemos máis tarde. Na actualidade o monumento consta dunha nave e ábsida rectangulares, este máis reducido que a nave, ao modo clasico do románico rural. Pero non conserva elemento algún desta primitiva fábrica románica, non anterior á segunda metade do século XII, agás as medidas. A parte principal ábrese cun arco de medio punto ao interior e apuntado ao exterior. Envolve un tímpano alintelado esculpido cunha cruz con entrelazos uniformes abrazada por unha circunferencia. No muro sur hai unha porta cun arco apuntado, ademais dun tímpano decorado cun disco no que destaca un castelo de tres torres almenaras. Á dereita do disco leva unha inscrición en caracteres monacais e distribuida en catro liñas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Panel sinaleptico do lugar.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.053341544092
Lonxitude: -7.6931414008141
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84